Melide Clásica, un novo Festival no Camiño Francés

0

Melide, 7 de xullo do 2017 –   Melide acolle ata o xoves 12, o Melide Clásica Festival Internacional de Música, que nace dentro do programa Groba en Ruta.

O Festival Groba celébrase en Ponteareas desde hai seis anos. O obxectivo é a difusión, promoción, estudo e divulgación non só da obra do Mestres Rogelio Groba, o máis prolífico compositor do país, senón tamén da música clásica en xeral. Agora Melide Clásica, organizado pola Concellaría de Cultura, súmase ás actividades de este encontro.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, convida a todos os veciños e veciñas a participar “nestes concertos gozando da música de calidade en directo nos diferentes emprazamentos elixidos para levar a cabo as actuacións, descubrindo compositores pouco coñecidos, de escoitar aos clásicos universais e de coñecer a obra do noso compositor, patrimonio cultural galego, o mestre Rogelio Groba”.

Ata o xoves 12 o Festival lnternacional de Música Melide Clásica, encherá de música por medio de concertos de balde, diarios e sempre as 22 horas, en diferentes espazos como a Igrexa  do Sanctis Spirtus, a Capela de San Antonio e o Auditorio Municipal de Melide. Mozart, Beethoven, Elgar, Rakov, Groba serán algúns dos compositores elixidos para esta primeira edición.

Hoxe abre o Festival a Orquestra de Cámara Galega dirixida por Rogelio Groba Otero cun concerto na Igrexa do Santo Espíritu. O evento contará coa solista de clarinete Mariola Gil. O domingo 8 a violinista americana Nancy Zhou acompañada por ún dos mellores pianistas españois  Francisco Damián Hernández, actuarán no Auditorio Municipal de Melide. O luns 9, o considerado pola crítica e o público como un dos mellores quintetos de vento metal do país, Hercules Brass, interpretará un novidoso e orixinal programa; o martes 10 a Orquestra de Cámara Galega será a encargada de deleitar ao público melidense de novo  na Igrexa do Santo Espíritu,   o mércores 11 o  Duo Esjedon integrado polo brillante clarinetista grego Spyros Fakiolas e a fantástica cellista galega Alba Reirís interpretarán un concerto cheo de lirismo e intimidade na Capela de San Antonio. O concerto de clausura  do día 12 correrá a cargo da Orquestra de Cámara Galega de novo na Igrexa do Santo Espíritu as 22 horas.

Seguindo o mesmo espírito do Proxecto Groba en Ruta, haberá unha parte académica protagonizada pola impartición de masterclass de violín a cargo da violinista Nancy Zhou para estudantes de grado superior e postgrado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial