займ срочно

Melide colabora un ano máis coas festas de San Roque

0

Melide, 7 de agosto do 2018 – O Concello de Melide e a Comisión de Festas do San Roque asinaron un ano máis o convenio de colaboración por valor de 50.000 euros.

A aportación do concello garante o San Roque, a festa máis importante da vila e na que o concello pode chegar a triplicar a poboación.

A alcaldesa de Melide, Dalia García e o presidente da Comisión de Festas, Alberto Buján, asinaron na casa consistorial o convenio de colaboración. A maiores da aportación económica  o Concello de Melide pon á disposición todos os medios técnicos e humanos dos que dispón para que a realización das festas do mes de agosto lévense a cabo con total normalidade. A alcaldesa de Melide e o presidente da Comisión, a maiores da sinatura do convenio, perfilaron os últimos flecos de cara á celebración do día do río o vindeiro domingo 12 de agosto.

A presentación oficial por parte da Comisión e do Concello de Melide realizarase nos vindeiros días, onde se darán a coñecer todas as actividades que se levarán a cabo durante 9 días de celebración.

Pola súa banda, Dalia García, destacaba “ a labor altruista da Comisión de Festas do San Roque que un ano máis non deixa a ninguén indiferente, xa que a programación terá actividades para todos os gustos e todos os veciños e a xente que nos visita poderá gozar, un ano máis, das festas grandes da nosa vila”. Ao mesmo tempo, García facía un chamamento ao civismo “para que as festas máis grandes de Melide poidan levarse a cabo con total normalidade respetando a veciños e visitantes”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies