займ срочно

Melide asina un convenio coa Coral Polifónica da vila

0

Melide, 14 de xullo do 2018 – A Coral Polifónica de Melide ven de asinar un convenio de colaboración co Concello para sufragar algúns dos gastos da agrupación.

A Xunta de Goberno Local de Melide deu luz verde ao convenio coa Coral Polifónica da vila que suporá un aporte económico de 4.000 euros a institución. A alcaldesa, Dalia García, e a presidenta da Coral, Inma Castro, asinaron o convenio que axudará cos diferentes gastos que a agrupación ten na organización de diferentes actividades ao longo do ano.  Como sucedeu con outras asociacións e colectivos da vila, o Concello asina este convenio previa á celebración do evento máis grande dos que o colectivo organiza: o IV Festival de Habaneras “Camiño de Santiago” que terá lugar o vindeiro sábado 21 de xullo.

A maiores do certame de Habaneras, a Coral de Melide pon en marcha numerosos eventos ao longo de todo o ano como a coñecida Semana da Música en novembro ou o Festival de Panxoliñas no Nadal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies