Melide acolle un curso dirixido a coidadoras de persoas dependentes

0

Melide, 6 de setembro do 2019 – O Concello de Melide, dende a Concellería de Política Social, pon en marcha un curso dirixido a coidadoras de persoas dependentes do 19 de setembro ao 31 de outubro.

O curso de coidadoras de dependentes terá lugar no edificio multiusos situado na praza das Universidades e forma parte dun proxecto da Fundación Mujeres en colaboración coa Deputación da Coruña. Este acordo levará a cabo ademais diferentes accións e talleres encamiñados á mellora da saúde e da calidade de vida das coidadoras informais de persoas dependentes.

Tal e como explica Carmen Liñeira, concelleira de Política Social “poñerase á disposición das participantes unha serie de ferramentas e apoios co obxetivo de minimizar as problemáticas derivadas do coidado”.  Entre os aspectos que se traballarán nos diversos talleres atópase a saúde e o autocoidado, as relación afectivas, a maneira de xestionar posibles conflitos que podan xurdir no día a día no coidado así como tamén se vai impartir un taller centrado na comunicación e nas habilidades sociais.

Os talleres serán totalmente gratuítos. Terán lugar no edificio multiusos situado na praza das Universidades en Melide todos os xoves en horario de mañá de 10.30h a 12.30h dende o 19 de setembro e ata o 31 de outubro. As inscricións poden realizarse no departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 50 57 06.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial