O Centro de Saúde de Melide levaba sete meses sen auga quente e sen calefacción

0

Melide, 18 de outubro do 2019 – O concello de Melide ven de arranxar algunhas das principais deficiencias de mantemento do centro de saúde e que levaban sete meses sendo denunciadas por profesionais e  veciñanza.

Auga quente e calefacción eran as principais carencias do Centro de Saúde ao longo de estes últimos meses. Fontes municipais indican que “era un problema de mal mantemento da instalación que tivemos que solucionar cambiando unha parte da caldeira realizando unha inversión con cartos das arcas municipais. Foron poñéndose parches dende hai anos aos danos producidos polo mal mantemento por parte da institución local que é a quen corresponde ter o centro de saúde en óptimas condicións, tanto para traballadores e traballadoras como para os veciños e veciñas que teñen que facer uso del. Foi un problema ao que nunca se lle deu completa solución dende hai anos”.

Demandas de máis persoal

Ao igual que sucedía no pasado mes de agosto o concello segue solicitando formalmente á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago o reforzo de persoal  tanto médico, enfermeiro como auxiliar para o Punto de Atención Continuado polo aumento da poboación da vila.

Os meses de outono e inverno son unha época na que se ateiga o centro de saúde e as urxencias polo incremento de enfermidades gripais, polo que dende o Concello de Melide  instan de novo á Xunta de Galicia que teña en conta as demandas dos veciños e veciñas, cubrindo as baixas existentes de persoal no centro de saúde da vila para dar mellor servizo á veciñanza melidá.

O centro de saúde de Melide conta na actualidade cuns 7025 cartóns sanitarios e os últimos datos publicados apuntan a que o PAC melidense chega a atender unha media de 9.600 pacientes como cabeceira de Comarca que dá servizo sanitario tamén aos veciños e veciñas de Santiso e Toques.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial