Melide denuncia no xulgado os vertidos industriais ao río Furelos

0

Melide, 8 de agosto do 2019 – O Concello de Melide vén de presentar unha denuncia ante o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Arzúa relativa aos vertidos no río Furelos.

A denuncia traslada a vía xudicial a problemática que desde hai anos sofre o río Furelos polos vertidos procedentes do polígono da Madanela. Foi unha decisión adoptada polo goberno municipal ao fío da vertedura que o pasado 12 de xullo causou a mortaldade de 10.000 peixes.

Esta medida tómase, explican, pola alarma social que en toda a comarca xeraron os feitos, que de xeito directo tamén afectaron ao municipio de Santiso. Tamén se leva ao xulgado vendo que as empresas identificadas pola Consellería de Medio Ambiente, como causantes dos vertidos, fixeron caso omiso dos requirimentos feitos polo Concello de Melide que lles instou a adoptar medidas urxentes para o cese inmediato destes.

Melide leva ao xulgado a problematica do FurelosAdemais da denuncia e dada a continuidade dos vertidos (constatados, entre outros controis, pola Policía Local en informes diarios), o Goberno municipal viuse obrigado tamén a precintar as conexións das devanditas empresas á rede de saneamento do parque empresarial que xestiona Xestur no municipio de Melide.

O goberno municipal solicitará tamén un encontro urxente coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, para abordar, dende a colaboración, unha solución. Recentemente, o alcalde melidense, José Manuel Pérez, acompañado polos seus homólogos de Santiso, Manuel Adán, e de Toques, Miguel Buján, reuniuse coa conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, co fin de solicitarlle apoio para resolver o problema.

Según di “os resultados do encontro non foron satisfactorios para o interese e o ben común dos veciños da Comarca, e tampouco para defensa do seu gravemente danado leito fluvial”.  Lembra o rexedor de Melide que «esa reunión de traballo en San Caetano foi pouco produtiva, sen proposta de solución ningunha por parte da conselleira Ángeles Vázquez, que se limitou a botarlle a culpa ao Concello da problemática». Dende o goberno municipal apelan á responsabilidade e compromiso de todas as administracións na adopción inmediata de medidas encamiñadas a poñerlle fin a un continuado maltrato ao medio natural.

O Goberno melidense anuncia tamén que adoptará canta medida estea ao seu alcance para avanzar nese camiño “lonxe da indiferenza e das mentiras practicadas dende o ano 2011 ata hoxe polo PP”. Lembra o actual executivo municipal que «isto non é algo novo, xa que a falta de saneamento no polígono industrial leva sendo un dos principais problemas para Melide e obxecto de igual número de promesas que de incumprimentos, dende o ano 2011 ata a actualidade, por parte do Partido Popular, tanto dende o goberno do Concello como dende o goberno da Xunta de Galicia, mediante anuncios que nunca se cumpriron e si aumentaron a gravidade da situación co paso do tempo».

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial