Melide estrea este domingo o documental Melide en boas mans

0

Melide, 13 de abril do 2018 – Este domingo, 15 de abril, terá lugar na Casa da Cultura de Melide a presentación do documental titulado Melide en boas mans, sobre a industria e a actividade económica no Concello de Melide.

melide en boas mansNeste presentación intervirán a alcaldesa de Melide, Dalia García, a conselleira de Medio Rural da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, o presidente de Asociación de Empresarios da Terra de Melide, Asetem, Manuel Vázquez e José Luis Antuña, director xeral de CLUN.

No acto poderase visualizar esta peza audiovisual producida por Xurdir en colaboración co Concello de Melide e con moitas empresas locais, que serán as verdadeiras protagonistas desta historia. Un documental que trata de dar a coñecer a actividade económica de Melide e de poñer en valor o seu tecido empresarial. A entrada é libre ata completar aforo. Prégase confirmar asistencia no 673 848 593 / 629 350 143 ou por email: info@xurdir.com

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies