Melide e Rois celebraron os plenos de organización

0

Bisbarra, 11 de xullo do 2019 – Melide e Rois celebraron os plenos de organización e sacaron adiante sen problemas as propostas que os respectivos gobernos presentaron.

No caso de Melide suporá un aforro de 6.000 euros con respecto ao goberno anterior. No de Rois o pleno de organización aprobou uns gastos similares aos da anterior lexislatura.

Melide

O Pleno municipal celebrado na tarde do martes en Melide aprobou un total de tres dedicacións exclusivas coas que contará o novo goberno local para a recén inaugurada lexislatura. En consecuencia coas propostas do equipo de goberno actual, realizarase un aforro de 2.466,88 euros durante toda a lexislatura, tal e como se extraen dos datos facilitados polos departamento de Intervención do Concello.

Imaxe do pleno de MelideCon respecto á Xunta de Goberno Local (XGL) executarase un aforro nos catro anos de 3.360 euros con en diferenza ao goberno anterior. En definitiva, o aforro global é e 5.826,88 euros entre as dedicacións exclusivas e os gastos da XGL.

O alcalde melidense, José Manuel Pérez, apuntou no Pleno de onte que “esta nova organización responde á búsqueda dunha maior eficacia na xestión e na transparencia do Concello de Melide”.

Rois

O pleno de Rois aprobou un sistema de organización que se mantén nos mesmos termos que na lexislatura anterior, coas dedicacións exclusivas do alcalde e o concelleiro de Obras e Urbanismo; a celebración de sesións plenarias cada dous meses e a distribución de concellarías practicamente igual. A maioría dos puntos aprobáronse cos 7 votos a favor do equipo de goberno (PP) e a abstención da oposición (PSdeG e BNG).Cada un dos tres grupos políticos da Corporación (PP, PSdeG e Mixto) terá una asignación anual fixa de 200 euros, máis outros 90 euros por cada concelleiro integrado no grupo. Así mesmo aprobouse unha asignación de 75 euros por asistencias aos plenos, xuntas de goberno local e comisións especiais de contas. A concelleira do BNG anunciou que recurrirá o informe da secretaría municipal ao non recoñecer ao grupo do BNG e ter que integrarse no mixto, aínda que mantendo os mesmos dereitos.

Pleno en RoisO pleno tamén aprobou a creación da Xunta de Goberno Local, que estará integrada polo alcalde e os concelleiros Manuel dos Santos (primeiro tenente de alcalde), Mercedes Basante (2ª tenente de alcalde) e Manuel Cobas Rey (3º tenente de alcalde), que celebrará sesións cada quince días. As sesións plenarias celebraranse o primeiro luns dos meses impares ás 13.00 horas.

A distribución de concellarías e delegacións feitas polo alcalde nos membros do equipo de goberno quedou fixada do seguinte xeito:

Concellaría de Asuntos Sociais e Emprego: Mercedes Basante Ares

Concellaría de Educación, Xuventude e Deportes: Martín del Rio Gestoso

Concellería de Cultura: Victoria Quiroga Ramallo

Concellaría de Medio Ambiente: Manuel Cobas Rey

Concellaría de Obras e Urbanismo: Carlos Ares Villar

Polo que respecta as retribucións que percibirán o alcalde e o concelleiro de obras, Carlos Ares, quedaron fixadas en 38.278,94 e 29.568,14 euros anuais brutos, respectivamente, distribuídos en catorce pagas.

A comisión especial de contas estará formada por un representante de cada grupo político, que terá voto ponderado. Por parte do PP, o titular será Manuel dos Santos e a suplente Mercedes Basante; o PSdeG designou como titular a Manuel Regueira e suplente a Patricia Ces, e, polo BNG estará Begoña Ares. Nesta lexislatura non existirán comisións informativas.

Polo que respecta a designación de representantes do Concello en diferentes órganos colexiados, Martín del Río será o representante no consello escolar do CPPI dos Dices; Manuel dos Santos no consello escolar do CEIP de O Pumar e na Asociación Deloa; e Mercedes Basante estará no consello escolar da escola infantil A Galiña Azul e nos órganos reitores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial