займ срочно

Melide renova a iluminación mellorando a eficiencia enerxética

0

Melide, 2 de xaneiro do 2017 –  O Concello de Melide vén de sustituir diferentes puntos de luz en diversas rúas por outro sistema led que axudará a mellorar a eficiencia enerxética da localidade. 

Son un total de tres luminarias as cambiadas por alumeado led de 40 watios. A sustitución fíxose en rúas moi próximas ao Camiño de Santiago como a avenida dos Senadores, a rúa Pintor Nelson Zumel e rúa Inés de Castro.

Con este novo sistema, optimízase a eficiencia enerxética destas rúas e tamén se consegue unha mellora iluminación. En palabras da alcaldesa Dalia García  “é un paso fundamental, ademais de retirarse fustes e sistemas obsoletos, adaptándoos á normativa europea”. Con esta actuación, que tivo un investimento próximo aos 10.000 euros, “complétase a retirada das denominadas luminarias globo, buscando unha mellor rendibilidade na factura xa que as luminarias led teñen un menor consumo eléctrico”, explicaba a rexedora.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies