Melide repartirá máis de 2.500 euros en premio no Entroido

0

Melide 21 de xaneiro do 2018 – O Concello de Melide prepara xa a festa do Entroido na vila e abriu o prazo para aquelas persoas que queiran participar no concurso que se ven celebrando ano tras ano.

A data para este evento está fixada para o martes de Entroido,13 de febreiro e os interesados en participar terán que facer a súa inscrición no departamento de Cultura do Concello de Melide ata as 14h do mediodía de ese mesmo día.

Como acontecía en anos anteriores, tamén poderán inscribirse a mesma tarde do concurso en horario de 16.30h a 17h no Cantón de San Roque, sempre que non chova.

Máis de 2.500 euros en premios

Establécese un total de 2.650 euros en premios que se repartirán do seguinte xeito: nas comparsas formadas por máis de oito persoas, o primeiro premio estará dotado de 1.000 euros e o segundo de 700 euros. Para os grupos , formados de tres a oito persoas, o primeiro premio será de 400 euros e o segundo de 300 euros. Na categoría de individuais e parellas, o primeiro premio será de 150 euros e o segundo de 100 euros.

Dende o Concello de Melide deixan claro nas súas bases que os menores de idade non poderán participar na categoría individual e parellas de non ir acompañados dun adulto.

Xurado

O xurado do concurso será nomeado por decreto de alcaldía e estará formado por membros de asociacións e entidades do Concello de Melide,  ou persoas vinculadas ao mundo da cultura e das tradicións.

Outras actividades

A maiores do concurso de Entroido, o Concello de Melide traballa nas actividades que conformarán a programación desta celebración na vila e que fará público en vindeiras datas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial