Melide estrea mellora na conexión con Toques

0

Melide, 13 de febreiro do 2018 – A Consellería do Medio Rural vén de investir máis de 115.000 euros na pavimentación dunha pista de Melide entre Folladela e Sobrado que permite mellorar a conexión e a seguridade viaria entre ambos concellos.

A mellora da estrada con Toques forma parte do Plan de Infraestruturas Rurais (PIR) que no 2017 estivo dotado con 4,7 millóns de euros. Este proxecto da continuidade da obra levada a cabo na mesma estrada con cargo ao Plan de emerxencias para a mellora, arranxo e posta en valor de camiños municipais de 2016. Naquel momento investíronse máis de 60.000 euros na mellora da pavimentación nun tramo deste viario e agora complétase ata o límite do concello.

Os novos traballos consistiron na pavimentación dende o punto quilométrico 2,760 ata fin do termo municipal,  3.123 metros de lonxitude e 4,5 de ancho. A obra xa está rematada e, con este motivo, a conselleira Ángeles Vázquez visitou a zona para comprobar os resultados, en compañía da alcaldesa, Dalia García.

Outros investimentos na zona

Esta non é a única actuación desenvolvida dende a Consellería do Medio Rural para mellorar a comunicación entre concellos limítrofes desta contorna. Tamén con cargo ao PIR 2017 está prevista a execución con preto de 76.000 euros dunha ponte sobre o río Iso entre Mella e Baltar que conecta Arzúa e Melide. Unha iniciativa similar levarase a cabo entre Melide e Toques, onde se recuperará a ponte sobre o río Furelos. Neste caso está previsto que o custo da obra ascenda a 300.000 euros xa que require construír de novo a infraestrutura.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial