Melide acolle o I Festival SBK Camiño de Santiago, de Salsa, Bachata e Kiozmba 

0

Melide, 28 de xullo do 2018 – Máis de trescentos bailaríns participarán no I Festival SBK e Concurso de Bailes Latinos Camiño de Santiago que se celebrará en Melide esta fin de semana.

Cartaz Festival SBKEste Festival SBK é unha iniciativa organizada pola Asociación de Mulleres Rurais Alecrín e que conta coa colaboración do Concello de Melide. Artistas da talla da parexa formada por Alex&Ornella, ela campiona do mundo na súa modalidade de salsa, estarán en Melide acompañados doutros artistas de renome como Xurxo e Reyes de Vigo, Diogo e Ana de Braga, Jaime Silva de Ourense, Lionel e Debby de Ponferrada, o Caito e Sara Kizomba Danza de A Coruña. Artistas de danza de renome nacional e internacional tomarán as rúas de Melide con clases e shows totalmente gratuitos e para todas as idades.

O I Festival e Concurso de Bailes Latinos Camiño de Santiago, o Melide SBK Festival, respondendo as siglas dos bailes salsa, bachata e kizomba, pretende asentarse no calendario festivo de Melide ofrecendo unha alternativa como é a dos bailes latinos que ata o momento non existía na vila.

Descarga o programa completo 

Melide programacion festival sbk
Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies