O Polígono Industrial de melide contará con fibra óptica antes de final de ano

0

Melide, 21 de novembro do 2017 –  A alcaldesa de Melide ven de anunciar que na Xunta de Goberno desta semana dará luz verde á licenza para acometer as obras de cableado para a instalación da fibra óptica no Poligono Industrial da Madanela.

fibra ópticaGarcía destaca ademais que esta fora unha demanda que ela mesma trasladara á Consellería de Economía e Facenda no 2016 e que se fai realidade por parte de Amtega neste 2017 toda vez que os plans de banda longa para polígonos industriais son de carácter anual.

Unha vez autorizada a actuación por Patrimonio Cultural a pasada semana, perceptiva por estar o polígono sometido pola súa proximidade co Camiño de Santiago, será a empresa a que comece as obras de adecuación de telecomunicacións.

En palabras da rexedora melidá a fibra óptica era unha necesidade imperiosa para o Polígono. Conseguir que posuíse conexión de calidade e fundamental para o desenrolo de calquera empresa. En canto as obras, García confía en que estean rematadas antes de fin de ano mellorando a implantación de novas iniciativas empresariais e as empresas que alí están asentadas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial