Melide incorpora o coreano, o chinés e o xaponés as súas guías informativas

0

Melide, 21 de outubro do 2017 –  O Concello de Melide vén de incorporar tres linguas ás súas guías informativas debido ao alto incremento das nacionalidades coreana, xaponesa e chinesa.

As guías informativas que conteñen información sobre o patrimonio cultural e arquitectónico de Melide ofreceranse neses tres idiomas, tendo como obxetivo mellorar a comunicación cos peregrinos e visitantes que chegan ao concello.

A alcaldesa Dalia García presentou a nova guía informativa que une nun mesmo documento as explicacións do municipio melidense nos tres idiomas.  A guía ofrece unha pequena explicación sobre a historia de Melide, analiza o Camiño Francés e Primitivo e os monumentos máis importantes ao seu paso pola vila  e polo concellos limítrofes.  A guía ten tamén un pequeno apartado dedicado ás festas,  á gastronomía, ao lecer e o tempo libre e fai referencia aos comercios e mercados. Incorpora un plano onde a ademais están recollidos os teléfonos de interese como pode ser a Garda Civil, Protección Civil, Policía Local ou o Centro de Saúde, entre outros.

Actualmente a guía informativa estaba en activo en galego, castelán, inglés, italiano, alemán e francés.  Coa suma dos idiomas xaponés, coreano e chinés, ofrécese información a peregrinos e visitantes a Melide nun total de 9 linguas. 

Máis de 500 persoas á semana

As técnicas de Turismo do Concello de Melide explicaban que na última semana achegáronse máis de 500 persoas á Casa Museo de Furelos, lugar dende onde realizan o seu labor de información. Aínda que as nacionalidades mudaron con respeto ao verán, xa que os españois e italianos descenderon e agora os visitantes son latinoamericanos, europeos e coreanos, o volume de persoas que visitan Melide “descendeu pouco en relación as cifras do verán”, explicaba unha técnica de Turismo na mañá de hoxe.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies