Igual a nós, concienciación en igualdade para Melide

0

Melide, 20 de xaneiro do 2020 – O Concello de Melide, a través da súa Concellería de Política Social e Igualdade, poñerá en marcha no centro social unha actividade que leva por nome “Igual a nós”.

Igual a nós durará arredor dunha hora e está composto por unha obra, unha sesión de debate e unha pequena “perfomance” coa que reflexionar sobre a violencia de xénero. Trátase dunha iniciativa da Secretaría Xeral da Igualdade ao abeiro dun acordo de colaboración coa FEGAMP que conta co patrocinio do Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade.

Igual a nós, concienciación en MelidePoucas veces se toca a importancia de traballar nos ámbitos da igualdade coas persoas maiores, quizais as que teñen máis interiorizado e normalizado o patriarcado por ter nacido e medrado nunha sociedade pouco contestataria co machismo.

Neste sentido, “Igual a nós” ofrecerá un formato de representación escénica e debate-coloquio co obxectivo de afondar na participación social das mulleres de máis idade. Esta actividade terá entre os seus obxetivos mellorar a calidade de vida das mulleres; promover e sensibilizar na educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero; sensibilizar e concienciar as persoas para a ruptura dos estereotipos de xéneros existentes; potenciar o uso das novas tecnoloxías como ferramenta de comunicación e formación; e fomentar a participación social e o encontro entre mulleres como mecanismo de mellora da autoestima persoal e grupal.

A cita será o mércores 29 de xaneiro as cinco da tarde. A actividade comezará cunha presentación, unha breve explicación do proceso en cada unha das súas fases. A continuación levarase a cabo unha representación escénica de 30 minutos de duración, dirixida a abordar conceptos básicos de igualdade e prevención da violencia de xénero, e como eixo vertebrador empregarase as novas tecnoloxías, especialmente o uso do móbil.

Unha vez rematada a representación escénica, realizarase unha reflexión grupal de 20 minutos de duración. De seguido, establecerase un coloquio para que todas as persoas poidan expoñer as súas inquedanzas e as súas reflexións, e tamén clarificar conceptos abordados durante a representación escénica.

As persoas interesadas en participar nesta actividade, que se levará a cabo no centro social o mércores 29 de xaneiro ás 17h da tarde, terán que inscribirse previamente no

teléfono 981 50 57 06.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial