Melide instala un sistema de videovixianza no Palacio de Congresos

0

Melide, 19 de xullo do 2018 – O Concello de Melide ven de instalar diferentes cámaras de videovixianza no interior do Palacio de Congresos e Exposicións da vila co fin de incrementar a seguridade do recinto.

A videovixianza servirá para protexer dun mellor xeito o parque infantil, as dúas pistas de pádel e os vehículos municipais que se atopan no interior do recinto. Trátase dunha medida adoptada polo goberno local para conservar en plenas condicións ás instalacións que alberga o Palacio de Congresos e Exposicións no seu interior.  Tanto as pistas de pádel como o parque infantil son moi utilizados pola veciñanza da vila, así como persoas de toda a Comarca que se achegan a Melide a practicar deporte ou a pasar unha tarde en familia a cuberto durante os meses de outono e inverno.

Dalia García, alcaldesa de Melide, explica que “decidimos adoptar esta medida xa que en momentos puntuais tense detectado algún mal tanto no mobiliario como nos baños públicos. Queremos instar de novo ao civismo, xa que se trata de instalacións moi demandadas polos veciños que cun bo uso poden ser disfrutadas por toda a veciñanza”. 

Estas melloras realizadas no Palacio de Congreso completan as executadas hai uns meses para mellorar a eficiencia enerxética da instalación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial