Melide mellora a pavimentación dos viarios de servizo no Coto e no Barreiro

0

Melide, 5 de decembro do 2018 –  As pistas secundarias, que cumpren o papel de viarios de servizo no Coto e no Barreiro, están sendo estes días obxeto de mellora por parte do concello de Melide.

O pavimento está sendo arranxado e mellorado debido ao deterioro que sufría polo desgaste do paso do tempo. As obras do Coto realizáronse na antiga vertente coa nacional  547. Unha actuación de moita importancia xa que en palabras da alcaldesa, Dalia García  “é un treito que colinda co Camiño de Santiago na súa entrada ao Concello de Melide e neste lugar hai negocios diferentes, moitos deles da hostalería que teñen moito tránsito, o que supón unha mellora para os veciños e visitantes e tamén na eliminación dos problemas existentes na zona de canalización de augas”. Esta estrada é moi utilizada como vía de cambio de sentido para regresar ao núcleo urbano de Melide ou ben para incorporarse á nacional dirección Lugo. 

Esta demanda de mellora dos viarios secundarios do Coto, Furelos e o Barreiro foi trasladada pola alcaldesa de Melide, Dalia García, ao Ministerio de Fomento en Galicia hai xa un tempo. A petición foi ben recibida polo ministerio xa que a maiores das actuacións que se están executando as melloras do viario de Furelos xa están rematadas. Este último serve de acceso á parroquia e é utilizada como o principal acceso á praia fluvial do río Furelos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial