Melide mellora doce rúas do casco urbano

0

Melide, 3 de agosto do 2018 – A Xunta de Goberno Local de Melide ven de aprobar obras de pavimentación e mellora da seguridade en doce rúas do casco urbano da vila.

Nas rúas Armando Catarelo e Moldes, Melide realizará unha pavimentación con aglomerado asfáltico en quente e a súa renovación da sinalización horizontal. No que comprende ás rúas Alcalde Juan Mera Somoza, Euskadi e Madrid, a maiores da pavimentación en aglomerado en quente e a sinalización, tamén se realizarán labores de limpeza dos bordes, aumentando así a seguridade viaria da zona.

A renovación da sinalización afectará tamén as rúas Jesús López, Consuelo Varela López y Hnas Morate Fdez, Alcalde Ricardo Fdez Camoiras, Alcalde Antonio Souto e Alcalde Sabino, conxuntamente coa pavimentación en cada una con MBC e execución de beirarrúas.

Na rúa Norte, realizarase unha rede separativa de pluviais e posteriormente tamén se pavimentará con MBC. A mellora de pluviais tamén se executará na rúa Antonio Prado Díaz, que tamén levará pavimentación con MBC e sinalización horizontal. Trátase dunha actuación moi demandada polo goberno local que subsanará as deficiencias na rede de saneamento.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, explicaba que “todas as actuacións que se van a levar a cabo realizaranse en zonas do casco urbano de Melide que por diferentes cuestión presentan unha pavimentación moi deteriorada así como tamén precisan dun reforzo da sinalización horizontal e mellora da accesibilidade. Serán melloras que repercurtirán directamente nos veciños e veciñas da vila incrementando así a súa seguridade viaria coas novas sinais e pintado en áreas nas que fai máis dunha década que non se actúa”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial