Melide e Xunta mellorarán o mercado de gando

0

Melide, 26 de setembro do 2017 – A Xunta de Galicia destinará 192.000 euros para a reforma integral do mercado de gando de Melide, con esta dotación económica arranxarase a cuberta das dúas naves das que consta o recinto.

O goberno autonómico autorizaba esta cantidade de cartos para Melide no Consello da Xunta celebrado a pasada semana, onde se aprobaba o convenio polo cal se farán efectivas as obras do mercado de gando. Agora o convenio terá que ser asinado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, agade, entidade adscrita á consellería de Medio Rural e o Concello de Melide.

O concello de Melide renovará o espazo para facer un mellor manexo dos animais, así como tamén para facilitar o traballo aos seus usuarios. Segundo transmitiu a alcaldesa, Dalia García, “o que máis urxe é a substitución do teito para evitar as continuas reparacións ás que se ve sometido”.

Cada último domingo de mes, a feira de gando de Melide é utilizada por numerosos veciños non só da vila senón doutros concellos limítrofes para a venda de gando equipo, caprino e bovino.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial