Melide mellora os accesos a parroquia de Furelos

0

Melide, 24 de xullo do 2018 – As obras das melloras na pavimentación das pistas de acceso á parroquia de Furelos comezaron hai uns días e consistirán na pavimentación de tres pistas que dan acceso ao núcleo do lugar.

A primeira das pistas de acceso a Furelos será a que vai dende a N-547 ata a propia a aldea, a segunda  a que une o Campamento Xuvenil coa coñecida ponte medieval, e a terceira a que vai dende a estrada vella de Furelos ao núcleo da aldea. 

A alcaldesa de Melide, Dalia García falaba da importancia de estes traballos xa que  “Furelos é un núcleo fundamental para o Camiño de Santiago ao seu paso polo noso concello. Utilizaremos a técnica de aglomerado en quente xa que un dos nosos obxetivos de goberno é asegurar que todos os núcleos teña polo menos unha entrada con este tipo de material”.

Mellora de accesos a seis núcleos máis

Dentro deste proxecto para mellorar os accesos aos núcleos das parroquias, tamén se contemplan traballos para unha accesibilidade óptima dende a estrada provincial 4303 ao Muíño de Catasol,o acceso a Penas, preto do Camiño de Santiago, e tamén os accesos a Vitiriz, Moldes, San Martiño das Varelas e pista de Cazallas que une con Castro.

As obras nestas nove pistas teñen un presuposto adxudicado aproximadamente de 70.000 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial