Melide mellora a sinalización horizontal da vila

0

Melide, 2 de outubro do 2017 –  A brigada de Obras e Medioambiental do Concello de Melide realiza estes días traballos de mellora da sinalización horizontal e bandas amárelas. 

Os traballos sobre a sinalización horizontal comezaron nas inmediacións do IES e dos tres colexios de Melide, pero a previsión é que se amplíen a toda a vila xa que “existen lugares onde é necesario renovar a marca dos pasos de cebra que están moi deteriorados polo paso do tempo, son unas melloras que incrementarán a seguridade dos peóns”, explica Rosa Cabado, concelleira de Obras e Servizos do Concello de Melide.

Cabado apuntaba que “ao mesmo tempo tamén se pintará algún paso de cebra novo demandado polos veciños da vila”.  Búscase con esta actuación mellorar o núcleo de Melide tendo en conta que nalgún caso o pintado sobre o pavimento actual atópase deteriorado ou cun estado de conservación deficiente.

“Aínda que dende o Concello vimos actuando de xeito puntual repintando por exemplo os pasos de peóns xunto aos centros escolares, hai que ter en conta que esta sinalización horizontal precisa unha reposición xeral”, explica Rosa Cabado. Actuarase sobre pasos de peóns, frechas e outros indicativos, delimitación de zonas de aparcamento… e outros elementos de sinalización horizontal. Os traballos terán unha duración de dúas semanas.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies