O I Mercamelide no Camiño celebrarase o 9 e 10 de agosto

0

Melide, 22 de xullo do 2019 – Melide acollerá a súa tradicional feira de stoks de verán, este ano baixo o nome “I Mercamelide no Camiño”, que virá cargada de novidades, tanto para os establecementos participantes como para a veciñanza e os visitantes que se acheguen a gozar dela.

O I Mercamelide no Camiño celebrarase os días 9 e 10 de agosto, venres e sábado e terá como punto neurálxico da actividade o Cantón de San Roque. Unha decisión que tomaron nunha reunión os comerciantes locais, os asociados de Asetem e o Concello de Melide, todos coincidiron en que era a mellor opción por atoparse en pleno casco urbano.

O horario da feira de stocks melidense será o venres 9 de agosto de 17h a 22h e o sábado día 10, dende as 11h ata as 20h de maneira ininterrumpida ao longo de todo o día para facilitar as mercas a veciños e visitantes.

Música e animación de rúa para fomentar o comercio local

Paralelamente ao I Mercamelide no Camiño, Concello e Asetem, organizan unha completa programación de actividades para fomentar e animar a xornada de compras na vila.

Entre as actuacións que se agardan para estas dúas xornadas destacan a do músico Roi Casal, no parque Rosalía de Castro ás 22h o venres 9 de agosto e a dos grupos The Cerne e Strobos, na praza do Convento ás 22h como punto final á este evento de oportunidades melidense.

Prazo para participar

O prazo para participar no Mercamelide de verán estará aberto dende o día 22 de xullo e ata o venres 26. Os comercios locais interesados, sexan ou non socios de Asetem, teñen que inscribirse achegáronse ás instalacións da asociación de comerciantes, situada na rúa Lino Sexto Sánchez da vila en horario de 9h a 13h.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial