Melide denunciará no xulgado de Arzúa os últimos vertidos no río

0

Melide, 16 de xaneiro do 2020 – O Concello de Melide denunciará perante ao Xulgado de Arzúa os últimos vertidos no río Furelos.

O problema dos vertidos ao Furelos ven de antigo. As empresas do polígono están obrigadas a depurar os seus propios residuos ao carecer dunha depuradora pública, así o recollen as licenzas de ocupación. De cando en vez o río recibe vertidos, presuntamente procedentes de esas industrias, sen que se tomaran medidas.

Nos últimos días a situación reproduciuse e o goberno municipal adoptou as medidas necesarias para resolver o problema e puxo os feitos en coñecemento da autoridade xudicial para que se depuren non as responsabilidades administrativas e, según explican, as penais no caso de existir.

O novo equipo de goberno de Melide lembra que o Servizo de Protección da Natureza, dependente da Garda Civil, recoñece a desidia de anteriores gobernos nun informe datado o 9 de setembro de 2019 e referido ao período 2004-2019 que, literalmente, di “que en varios informes dos axentes se recomenda informar á autoridade xudicial competente do desinterese por parte da Administración en dar solución á falta de depuración das augas residuais do polígono, e por conseguinte por unha posible prevaricación por omisión”.

O actual equipo de goberno engade que desde que chegaron intentan pór fin ás verteduras procedentes do polígono: incoando expedientes de reposición de legalidade, cunha vixilancia intensiva por parte da Policía Local (máis de 70 atestados) e denunciando perante o Xulgado de Instrución de Arzúa onde se presentaron como acusación particular.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial