Melide remata as obras da segunda explanada do Campo da Feira

0

Melide, 13 de xuño do 2018 – O concello de Melide ven de rematar o acondicionamento da explanada do Grupo Sindical tamén coñecida como segunda explanada do Campo da Feira.

Obras no Campo da Feira de MelideAs melloras levadas a cabo son a continuación das iniciadas na anterior lexislatura.  As obras dotaron a segunda explanada do Campo da feira de pavimento con aglomerado en quente e a canalización da rede de saneamento con separación de pluviais. Os traballos contaron cun orzamento de 30.000 euros.

Dalia García, alcaldesa de Melide, explicaba que “se trata dunhas obras demandas polos veciños e que  decidimos executar dende o Concello. A explanada do Grupo Sindical en Melide ten moito tráfico rodado xa que é a estrada secundaria que une a AC-840 coa N-547, dúas entradas que principais de comunicación a nosa vila”, concluía a rexedora.

Coa finalización destas obras, o Campo da Feira de Melide, conta con dúas explanadas totalmente renovadas, unha que xa está habilitada para zona de aparcadoiro e autocaravanas e esta última con novo pavimento e saneamento completando así a reforma integral da zona.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial