Retoman as obras do Cantón de San Roque en Melide

0

Melide, 9 de setembro do 2018 – Logo do parón das obras durante un mes e medio, motivado pola actividade cultura e turística do verán, este luns 10 de setembro, retómanse os traballos de humanización do Cantón de San Roque.

Melide iniciou no mes de marzo os traballos de mellora da zona de San Roque coa ampliación das beirarrúas da avenida de Lugo no enlace co Camiño de Santiago. Agora continuarase coa adaptación da praza, da rúa interior que se une coa rúa Alexandre Bóveda, e da rúa Rosaleda e a estrada AC-840 no cruce coa Nacional 547.

Ademais de esta reorganización da zona tamén sanearanse as especies arbóreas despois de realizar un estudo paisaxístico e biolóxico. A alcaldesa, Dalia García, explica que “neste momento está executado un terzo da obra, e ata finais de ano a actividade incrementarase para finalizar a execución do proxecto de rehumanización do centro urbano de Melide. Esta obra contribuirá a recuperar espazos e a ordenar urbanísticamente o pulmón urbano da vila”.

O orzamento total desta actuación é de 400.000 euros, financiados íntegramente pola Consellería de Medio Ambiente.

Colaboración veciñal

Dende o Concello de Melide pregan que toda a veciñanza contribúa a levar adiante as obras. O concello é consciente das posibles molestias que poden ocasionar durante algunhas semanas ao comercio, hostalería ou outros servizos polo punto no que se sitúan, o pleno centro. Os traballos estarán sinalizado con carteis informativos dende o corte da rúa secundaria, que percorre a parte de atrás do Cantón, ata o seu entronque coa rúa Rosaleda, que será a parte pola que empece a traballar a empresa adxudicataria.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial