Melide acondicionará a pista de Carballal, parte do Camiño de Santiago

0

Melide, 19 de marzo do 2018 – O núcleo de Santa María en xeral e a pista do Carballal en particular serán arranxadas polo concello de Melide unha vez que foron conseguidos os permisos necesarios ao formar parte a zona do Camiño de Santiago.

A parroquia de Santa María onde está situada a pista do Carballal e das máis significativas de Melide por estar situada no Camiño Francés ao tempo que se trata dun núcleo urbano habitado moi importante. O equipo de goberno tivo que obter para estas actuacións as indicacións por parte da Dirección Xeral  de Patrimonio Cultural pola súa proximidade a ruta e pola praza de Santa María onde se sitúa a igrexa románica.

As actuacións suporán un investimento de máis de 60.000 mil euros que serán sufragados polas arcas municipais. A alcaldesa de Melide, Dalia García, sinala a importancia de actuar en puntos estratéxicos do Camiño de Santiago, como é o caso de Santa María, para conservar o patrimonio histórico e ao mesmo tempo convivir co día a día dos veciños e veciñas que teñen que ter uns accesos ás vivendas, explotacións ou negocios nas mellores condicións posibles. Coa chegada da Semana Santa e as intensas choivas dende o goberno local subliñan que levarán a cabo labores de mantemento e apoio no Camiño de Santiago co fin de subsanar o movemento de firme que se produce no trazado do Camiño por mor da auga.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies