Melide afronta a mellora de accesos ao rural

0

Melide, 25 de outubro do 2019 – O Concello de Melide aprobou na Xunta de Goberno Local (XGL) melloras de accesos en diferentes lugares do municipio por un importe de preto de 177.000 euros.

A inversión nos accesos ao rural melidense divídense en dous proxectos. O primeiro comprende unha cantidade total de 98.500 euros cos que se arranxará a pista de acceso a Traspedra, e as pistas de Cobas-Vilaverde, Pedrouzos-Loures, Loures-Gondollín, o camiño a Gondollín, o do Agro, o do Richiniol, a pista do Requeixo, do Real Vello, de A Garea e os accesos ao muíño de Trasmundi, aos muíños de Catasol, o da granxa no Barreiro e o acceso O Real.

O segundo proxecto por un importe de mais de 78.000 euros de acondicionamento mellorará o acceso a escola de Baltar, a pista que une Baltar e a Uceira, a existente entre Castiñeiroa e Casas Novas, a pista de Xubial a AC840 e a de Maceda. En canto ao acondicionamento dos accesos realizaranse actuacións no acceso ao Pazo de Tarrío, ao Alto e a Saville.

Tal e como apuntan dende o goberno local encabezado polo Alcalde José Manuel Pérez, “estas obras corresponden ao POS+2017, pero tiñan que estar rematadas dende hai dous anos. Intentamos axilizar todos os trámites administrativos debido ao retraso na execución que levan estas actuacións, antepoñendo sempre o benestar dos veciños e veciñas do rural xa que existen obras moi necesarias por existir nestes momentos camiños totalmente intransitables no rural melidense”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial