Melide remata as obras de acondicionamento de cinco parroquias e pistas do concello

0

Melide, 11 de outubro do 2018 – O Concello de Melide vén de rematar as obras de mellora de acceso a diferentes explotacións agropecuarias e distintas pistas dos lugar de Trasmundi e nas parroquias de Maceda, Baltar, Santalla e San Cosme.

obras en MelideMáis polo miúdo, as obras leváronse a cabo en Donide, na parroquia de Maceda;  no lugar de Grobas no Formigueiro; na Fogueirada en Baltar;  toda a circunvalación de Trasmundi,  onde se concentra o maior número de cortes gandeiras deste núcleo de poboación; e a pista de Figueiroa en Santalla de Agrón, que se atopaba nunhas condicións moi deficientes. Outro dos puntos nos que se levaron a cabo obras de acondicionamento e no que había moitos anos nos que se actuaba era nas Ribas, en San Cosme, que tamén foi obxeto de melloras nas últimas semanas.

Tal e como explica a rexedora melidense, Dalia García “en esencia, tratouse da limpeza das pistas de acceso ás explotacións, así como o renovado do firme que en moitos casos da servizo a explotacións gandeiras, incluso algunhas feitas dende cero”, apunta a alcaldesa,”que son un motor económico moi importante da nosa economía local, e onde o rural melidense ten que ter os mellores servizos”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial