Melide mellora as instalacións da piscina municipal descuberta

0

Melide, 12 de xaneiro do 2018 –  O Concello de Melide realiza estes días melloras na instalación da piscina municipal descuberta instalada na Área Recreativa do Río Furelos co fin de preparala con tempo para o próximo verán.

O goberno local de Melide está a proceder a revisión de toda a maquinaria ademais de proceder ao traslado, da que afecta ao vaso da piscina de adultos, ao exterior da piscina. A nova ubicación é un pequeno caseto realizado en bloque, con illamento para as inclemencias metereolóxicas, e foi construído por unha empresa especializada. Con este cambio mellorará o funcionamento do vaso de compensación da piscina.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, explica que “con esta mellora, a maiores de adaptarnos á normativa vixente tamén melloramos na idoneidade da piscina que segue sendo gratuita. Tamén hai uns días publicábase a orde da Xunta de Galicia para o fomento do emprego  coa contratación de socorristas para o verán 2018 e faremos os trámites pertinentes para que Melide poida contar o vindeiro verán con socorristas cofinanciados pola Xunta de Galicia como aconteceu en anos anteriores”.

A Área Recreativa do Río Furelos conta con dous vasos, un para infantil e outro para adultos. Durante o verán, son moitas as familias que elixen este lugar para pasar os días e tardes estivais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial