Melide obrigado a pechar a piscina municipal

0

Melide, 27 de agosto do 2019 – O 3 de setembro a piscina climatizada de Melide pechará as portas, a falta dun contrato obriga ao goberno municipal a tomar esta medida.

Esta situación chega despois de que o anterior goberno municipal deixara vencer o prazo de adxudicación en dúas ocasións. Os informes de Secretaria e Intervención afirman que non  se pode continuar prorrogando o servizo xa que se incumpriría a legalidade. O contrato coa actual adxudicataria rematara en setembro do 2018 e o goberno municipal prorrogou por un ano a concesión. Ao non abrir en este tempo un novo proceso de licitación o peche da instalación é a única saída.

Recuperación do servizo

O Tenente de Alcalde e concelleiro de deportes, Jose Prado, informou que o Goberno actual leva días traballando para recuperar o servizo o antes posible, e deseñando un novo modelo de xestión que faga esquecer os numerosos problemas que os  usuarios e usuarias levan sufrindo nos últimos anos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial