Melide solicita un reforzo de persoal para o PAC

0

Melide, 9 de agosto do 2019 – O Concello de Melide vén de solicitar á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago o reforzo de persoal médico e enfermeiro para o Punto de Atención Continuado  (PAC) da vila, nun mes, agosto, no que a poboación da vila chega a triplicarse

As necesidades no PAC vense tamén acrecentadas co aumento da chegada de peregrinos e a celebración das festas de San Roque. Mentres, ao mesmo tempo, é a época no que os sanitarios teñen vacacións. Todo da nunha enorme escaseo de recursos.

Por esta razón, dende a Concellería de Política Social, Mocidade e Saúde do Concello de Melide, que actualmente dirixe Carmen Liñeira, veñen de solicitar a ampliación e reforzo do persoal médico e enfermeiro preciso para cubrir todas as necesidades que presenta neste mes de agosto o PAC da vila.

Actualmente o centro de saúde de Melide conta cuns 7025 cartóns sanitarios e os últimos datos publicados apuntan a que o PAC melidense chega a atender unha media de 9600 pacientes como cabeceira de Comarca que dá servizo sanitario tamén aos veciños e veciñas de Santiso e Toques.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial