Melide aproba obras para incrementar a seguridade viaria

0

Melide, 26 de xuño do 2020 – O Pleno do Concello de Melide celebrado onte aprobou por unanimidade o acordo do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal POS+2020.

Melide acometerá 14 actuacións nas que tanto o rural como a zona urbana serán obxeto de melloras na pavimentación e na limpeza de pistas e viarios co que se incrementará a seguridade tanto da veciñanza como dos condutores.

Entre as accións que se van levar a cabo atópase a limpeza de cunetas, a regularización e pavimentación mediante aglomerado asfáltico ou o reforzo da sinalización viaria nos lugares de Baltar, Grobas, Alvite, San Cosme, San Cibrao, Zaramilou Maceda o una rúa Furelos, xa en pleno casco urbano.

Outras actuacións aprobadas no pleno

A  maiores das actuacións de adecentamento de pistas tamén se aprobou a reparación do colector de pluviais e a súa conexión coa rede de saneamento municipal coa renovación do pavimento da beirarrúa na Ronda de Pontevedra e no CEIP Nº2 de Melide situado na Martagona.  A estes traballos súmase a realización de dous pasos elevados nas proximidades do CEIP nº1 que reforzarán a seguridade dos cativos e das súas familias durante a tempada escolar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial