займ срочно

Melide pon en marcha un ciclo de teatro para adultos

0

Melide, 2 de abril do 2019 – O Concello de Melide, dende a súa Concellería de Cultura pon en marcha un ciclo de teatro para adultos, dando continuidade ao traballo para achegar á vila ocio de calidade durante as fins de semana.

A primeira cita co teatro será este venres 5 de abril coa compañía Ibuprofeno e coa obra “Raclette”. Unha representación na que cinco serán os protagonistas que conforman un complexo mosaico humano: un choque entre visións do mundo que se volven incompatibles, pero que teñen que convivir apesares das súas diferencias. Cinco persoas que están pasando por momento cruciais nas súas vidas, momentos de cambio e inestabilidade, marcados por acontecemento que deixan marca para o resto da súa existencia.

A quenda será para Contraproduccións o sábado 6 de abril, coa representación “Commedia”,  con tres galardóns nos Premios de Teatro María Casares neste 2019. Un espectáculo inspirado na Commedia dell´arte, da que toma as súas personaxes e tense levado a escena en máis de 200 funcións en España, Francia e Portugal. Este representación chegará a Melide baixo a dirección do coñecido artista galego, Cándido Pazó.

O broche de ouro será o venres 12 de abril, coa representación Macbeth, o ruido e a furia de Estudio Momento. Trátase da adaptación en verso de Manuel Lourenzo. A traxedia celta de William Shakespeare protagonizada por Xoán Carlos Mejuto, Luis Iglesia, Iria Ares, Carlos Sante e David Perdomo. Unha viaxe á chaira escocesa, neboenta e insegura. Tambores de guerra. Berros de barro. Versos en sangue, traizón e morte. Feiticeiras retranqueiras e ministras do fado, manipuladoras dos máis bravos guerreiros. Un tempo eterno e circular do que ninguén volta xamais. Todas as actuacións serán na casa da cultura de Melide ás 21h da noite con entrada libre e gratuita ata completar aforo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies