займ срочно

Melide pon rumbo as festas de San Roque

0

Melide, 2 de agosto do 2017 –  As festas do San Roque de Melide que se presentaron onte ofrecerán a veciños e visitantes máis dunha vintena de actuacións nun total de 12 días de actividade.

Na programación das festas do San Roque 2017, destaca a celebración do 6º Mercado Medieval que se celebrará entre os días 11 e 14 de agosto e numerosas actuacións musicais, así como actividades de ocio para maiores e cativos.

Dalia García, alcaldesa de Melide explicaba que “do que se trata é de facer un programa variado, atractivo e diferente para todo tipo de público”, destacaba “ a labor altruista da Comisión de Festas do San Roque que un ano máis non deixa a ninguén indiferente, xa que a programación ten actividades para todos os gustos e todos os veciños e a xente que nos visita poderá gozar, un ano máis, das festas grandes da nosa vila”.

Programación San Roque 2017

O 13 de agosto comezará a música coa orquestra Marbella, o día 14 actuará Herdeiros da Cruz, o día 15 de agosto a quenda será para o Combo Dominicano, a Orquestra de Cámara de Galicia e Froito Novo.

O propio día do San Roque, o mércores 16 de agosto, o turno será para a Banda de Música de O Rosal, a Coral Polifónica de Melide, e as orquestras Panorama e Bambolea.

O grupo de gaitas local Herba Grileira, a Banda de Música de Agolada e París de Noia, poñerán banda sonora ao 17 de agosto. O día seguinte, o 18 de agosto, o turno será para a Banda de Música de Arzúa, e as orquestras Televisión e Cinema. O sábado 19 de agosto terá lugar o concerto de Carlos Baute e como fin de festa, o 10 de agosto, celebrarase a Festa do Río, que terá lugar na Área Recreativa do Río Furelos e o día do Neno, con descontos para que os máis pequenos poidan desfrutar das atraccións. Estas dúas celebracións que estarán acompañadas da música da charanga “Os Amigos de Visantoña”, Cuarta Xusta, e o concertó folk-rock ás 20h da tarde de Leirabuxo.

As actuacións das orquestras e dos concertos de San Roque terán lugar no Cantón de San Roque con entrada libre e gratuita.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies