Melide prepara o campamento de Furelos para o verán

0

Melide, 14 de xaneiro do 2019 –  Persoal da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia traballaron nos últimos días no mantemento,  prevención e seguridade no campamento xuvenil de Furelos, en Melide.

Os traballos consistiron no acondicionamento exterior onde os máis cativos cada verán realizan actividades ao aire libre a carón do río Furelos. Ao mesmo tempo, tamén se realizaron traballos de prevención de posibles lumes chegados as épocas do verán, xa que o Campamento, pese a estar ao carón do río, atópase nunha zona moi verde e frondosa que é necesario podar e manter nunhas boas condicións para evitar posibles incendios.

Dende o Concello de Melide, a alcaldesa da vila, Dalia García, agradece unha vez máis que “a Xunta cumpra cos seus compromisos con Melide e faga realidade unha vez máis, as demandas dos melidenses”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial