займ срочно

Melide prepara o campamento de Furelos para o verán

0

Melide, 11 de xaneiro do 2019 –  Persoal da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia realizan estes días actuacións de mantemento,  prevención e seguridade no campamento xuvenil de Furelos.

Os traballos consisten no acondicionamento exterior onde os máis cativos cada verán realizan actividades ao aire libre a carón do río Furelos, un enclave propicio para o desenvolvemento dunha acción destas características. Ao mesmo tempo, tamén se realizan traballos de prevención de posibles lumes chegados as épocas do verán, xa que o Campamento de Furelos, pese a estar ao lado do treito do río Furelos, atópase nunha zona moi verde e frondosa que é necesario podar e manter nunhas boas condicións para evitar posibles incendios durante os meses máis calurosos do ano.

Dende o Concello de Melide, a alcaldesa da vila, Dalia García, agradece unha vez máis que “a Xunta cumpra cos seus compromisos con Melide e faga realidade unha vez máis, as demandas dos melidenses”.

O que se pretende, tanto dende a Xunta de Galicia como dende o Concello de Melide é que a Campaña de Verán da Xunta volva ser un referente en España, ofrecendo á xente nova non só de Galicia senón tamén doutras rexións e mesmo do estranxeiro unha atractiva programación que converte a nosa comunidade nun destino preferente nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies