Teatro, música e actividades para todas as idades no Verán Cultural de Melide

0

Melide, 31 de xullo do 2019 – A concelleira de Cultura do Concello de Melide, Mayka Basalo, presentou aos medios de comunicación a programación do Verán Cultural do Concello de Melide para o mes de agosto.

Según a concelleira o Verán Cultural “Son actividades organizadas pensando en todos os tramos de idade e en todos os gustos, xa que entendemos que é tempo de lecer en Melide para que as familias poiden gozar das diferentes actuacións en conxunto. Como cada verán, o Concello de Melide fai un esforzo para que tanto a veciñanza como a xente que nos visita durante o mes de agosto teña unha programación cultural adecuada para gozar das tardes de verán na vila sen necesidade de desprazarse a outros concellos veciños nin tampouco as grandes urbes”.

Programación para toda a familia

verán cultural melideSerá no mes de agosto cando a axenda veña cargada de actividades. Así, o día 1, chegará a Melide “Cocido simbólico”, o venres 2, actuación musical tradicional de Faíscas da Pontraga. O sábado 3, actuación de MJ Pérez coa súa xira “Casandra”.

A programación continuará o martes 5 de agosto ás 20.30h co Circo Chosco, circo gran formato, o mércores 7 chega Uxía Lambona e a banda molona, o xoves 8, garabato de xogos, o venres 9 de agosto é a quenda para Roi Casal e o sábado 10 de agosto chega a Melide a música de The Cerne e Strobos. O domingo 11 tamén haberá música da man da agrupación folclórica Cantigas e Agarimos e o xoves 15 de agosto, para poner o punto final á programación actuará en Melide a Orquestra de Cámara Galega co seu espectáculo Orixes ás 22h da noite.

 A maioría das actividades celebraranse na praza do Convento, sempre que o tempo acompaña e senon desprazaranse á Casa da Cultura ou ao Palacio de Congresos e Exposicións. Todas elas son gratuítas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial