Volve o programa Bule Melide, o programa de ximnasia adaptada para maiores

0

Melide, 23 de xaneiro do 2018 – O concello de Melide ven de abrir as inscricións para o programa de ximnasia adaptada para persoas con enfermidades crónicas, Bule Melide.

Unha das sesións de Bule Melide no 2017

Unha das sesións de Bule Melide no 2017

Aínda que o programa xa se desenvolvía en anos pasados desde este toma o nome de Bule Melide que sustitúe ao de Bule con Alcer. O prazo para inscribirse está aberto ata o 1 de febreiro e para poder participar as persoas teñen que anotarse no departamento de Igualdade e Benestar do Concello de Melide, estar empadroados e precisar os tratamentos que se adaptan as patoloxías individuais de cada veciño. As clases comezarán o vindeiro 5 de febreiro.

Bule Melide pasará a ser financiado e organizado completamente dende as instalacións municipais, de aí o cambio do seu nome. Esta actividade é a que máis éxito ten das que se organizan dende a concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide e na que participan cada ano preto dos cen veciños. A actividade organízase dous días en terra, con accións en aula e un día en auga, con diferentes exercicios na piscina municipal climatizada.  A maiores das actividades específicas os participantes tamén realizan diversas saídas ao longo do ano e acoden a charlas informativas sobre temas que teñen que ver coa súa saúde, mellorando a calidade de vida.

Dalia García, alcaldesa de Melide animaba aos veciños e veciñas con diferentes patoloxías a participar nesta ximnasia terapéutica que  “os axuda a mellorar o seu día a día e que cada ano conta con máis éxito, xa que dende que comezamos con este programa, cada edición conta con máis afluenza de público e son os propios veciños os que nos contan as súas melloras nas enfermidades crónicas que padecen grazas ao programa Bule”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial