“Melide en feminino” actividades fronte á violencia machista

0

Melide, 23 de setembro do 2019 – Melide tinguirase de violeta este outono con máis de setenta actividades deseñadas fronte á violencia machista dentro do programa Melide en feminino.

Melide en feminino acollerá actividades para combater a violencia machista promovendo a igualdade entre homes e mulleres, traballando a igualdade na adolescencia e dotando ás mulleres de ferramentas que lles axuden a converterse en líderes, a xestionar as emocións e a comunicarse con seguridade e solvencia.

melide en femininoA meirande parte destas accións forman parte do Proxecto Construíndo Liderázgos femininos respaldado economicamente pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e  por fondos do Pacto de Estado fronte á Violencia de Xénero. A programación foi presentada pola concelleira de Igualdade Carmen Liñeira, quen invitou a todas as mulleres de Melide e da súa contorna, de todas as idades, a participar nestas actividades “pensadas e deseñadas para ser útiles ás mulleres cara ao seu desenvolvemento persoal, laboral, familiar e social”. Unha programación que inclúe obradoiros de empoderamento e liderazgo feminino, de comunicación, de xestión de emocións e de economía.

As actividades son gratuítas previa inscrición nos servizos sociais do Concello de Melide. As sesións serán dous días por semana ás cinco da tarde e será posible anotarse a todos os obradoiros ou só aos que resulten de interese para cada muller. Os módulos son participativos e inclúen presentacións, xogos, debates e mesmo sesión de baile.

Traballo con adolescentes

Mención aparte merecen os obradoiros dirixidos a traballar con adolescentes que se impartirán co obxectivo de traballar a promoción de liderázgos femininos, a igualdade e a eliminación de violencia. A programación inclúe obradoiros e actividades creativas para sensibilizar a rapaces e rapazas a prol da igualdade a través do trap e doutros ritmos que escoita e sigue a poboación máis nova.

Haberá, tamén, espazo para escoitar e compartir unha Xornada con “Mulleres líderes”, que se desenvolverá o 23 de novembro, na que se terá a oportunidade de contar coa presencia de mulleres líderes en distintos ámbitos sociais: política, empresarial, deportiva, medios de comunicación, etc..

Serán dous meses de actividades a prol da igualdade que van converter o Concello de Melide nun faro violeta. Poderase atopar información de todas elas (contidos, horarios, testimonio gráfico, novas) a través das redes socias específicas do programa (facebook e twitter) “Melide en feminino” @MelideEnFemenino, nas redes socias do Concello ou no teléfono de Servicios Sociais 981 505 706.

Programa

Obradoiro de liderazgo feminino: Martes e xoves: 8, 10, 15, 17, 22 e 24 de outubro

Venres 25: Módulo de economía

Obradoiro de comunicación: Luns e mércores 28 e 30 de outubro; 4, 6 e 11 de novembro

Xestión de emocións e afectividade: Martes e xoves 12, 14, 19, 21, 26 e 28 de novembro

Xornada “Mulleres líderes” : Sábado 23 de novembro de 09.30 h a 14.00 horas

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial