Melide comeza a promoción da Festa do Melindre

0

Melide, 11 de xaneiro do 2020 – Parece que aínda queda moito para o mes de Maio pero Melide xa comezou a promocionar a vindeira Festa do Melindre.

O concello en colaboración coa Asociación da Repostaría Tradicional Melide Terra Doce acude cada ano as escolas de hostalería para promocionar a Festa do Melindre dando a coñecer os doces protagonistas: ricos, melindres e amendoados.

Este ano estes eventos serán en Coruña e Lugo. A primeira cita será co alumnado do Centro Integrado de Formación Profesional Paseo das Pontes na Coruña. O vindeiro luns 13 de xaneiro ao longo de toda a mañá, os asistentes ao obradoiro poderán coñecer a coidadosa elaboración dos doces tradicionais de Melide e tamén probalos.

Melide promocion Festa do MelindreSerá a finais de xaneiro cando lle toque a quenda á Escola de Hostalería de Lugo do IES San Xiao, completando así, unha serie de visitas a totalidade destes centros formativos que comezou o pasado ano.

A formación será impartida por Alberto Rodríguez, membro da Asociación da Repostaría Tradicional Melide Terra Doce e responsable da Pastelería Estilo, quen a maiores de darlles a coñecer o produto local tamén presentará diferentes opcións para obter un segundo uso dentro da restauración cos melindres, ricos e amendoados.

Con este tipo de promocións, trátase de expoñer a calidade dun produto ligado á terra de Melide, feito a man, de marcado carácter tradicional que posúe unha simbiose perfecta coa alta gastronomía actual. Os doces de Melide son especiais, tanto polo seu sabor exquisito como pola forma de elaboralos; o seu potencial de maridaxe coas técnicas de actualidade en gastronomía é infinito. De aí a importancia de estar presente neste tipo de centros educativos, como un elemento promocional máis que o Concello aporta á Festa do Melindre, declarada festa de interese turístico no ano 2013.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial