Melide proxecta a ampliación do chan industrial

0

Melide, 4 de marzo do 2019 – Melide  vén de presentar ante a Xunta de Galicia o documento que inicia os trámites da modificación urbanística necesaria para levar a cabo unha provisión de solo industrial no municipio.

O documento engloba dúas alternativas. Na primeira a provisión de chan industrial localizaríase nos terreos próximos ao actual Parque Empresarial da Madanela, sendo esta proximidade un factor determinante nesta alternativa, tendo en conta sempre  a zona afectada por Patrimonio Cultural e polo LIC Serra do Careón. Esta opción o espazo conseguido sería de 104.374 metros cadrados.

Tendo en conta os posibles problemas de traballar nunha zona próxima a unha de protección proponse unha segunda alternativa. En este caso a superficie sería incluso maior, de 325.667 metros cadrados,  e supón un cambio de estratexia na localización dos terreos urbanizables xa que se opta por levar adiante un polígono ata a periferia do núcleo urbano de Melide, ao carón da estrada autonómica AC-840. A inmensa potencialidade desta alternativa é a inmediatez de acceso ao enlace previsto entre a estrada autonómica AC-840 e a autovía Lugo – Santiago, A54. A topografía é moi favorable sendo o terreo chan así como se englobarían enclaves industriais existentes.

Con este documento a alcaldesa de Melide, Dalia García, destaca que “segue a darse trámite ao xa iniciado no ano 2017 cos informes previos da Consellería de Medioambiente sobre as posibilidades reais de ampliación de chan industrial. Hai que recordar, que no actual parque existen 92 parcelas e que actualmente a pesares de que 21 están sen edificar e requeridas por XESTUR, non existe ningunha dispoñible para a súa venda. A presentación deste documento supón a culminación dun traballo de cooperación e de reunión técnicas cos responsables de industria, patrimonio, urbanismo e medioambiente co fin de achar a mellor solución e a máis rendible a futuribles para dotar a Melide de solo industrial que siga permitindo o seu cremento en proxectos innovadores”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial