Melide reclama melloras na AC-840

0

Melide, 22 de xaneiro do 2020 – O Concello de Melide vén de remitir na unha nova solicitude á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para que revise o estado do firme da AC-840 ao seu paso pola vila.

Non é a primeira vez que o concello realiza esta petición xa que o pasado mes de novembro reclamou tamén o arranxo da AC-840.

Trátase dunha estrada de competencia autonómica que vertebra o núcleo urbano de Melide, une a ronda da Coruña coa ronda de Pontevedra, dous viarios fundamentais de entrada e saída que soportan máis de 3.500 vehículos de media cada día. O alto volume de tráfico rodado unido ao paso do tempo, fai que o firme en moitas zonas esté totalmente afundido poñendo en perigo a seguridade de condutores e viandantes.

Melide reclama melloras na AC-840Por estas razóns, dende o Concello de Melide volveron a reiterar á Axencia Galega de Infraestruturas a necesidade de arranxar o firme da AC-840 ao seu paso pola vila. No escrito remitido inclúese un completo dosier fotográfico evidenciando a mala conservación da estrada, unha situación que se cualifica dende o ente local como moi grave e que supón un perigo para veciños e visitantes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial