займ срочно

Melide denuncia os problemas do Camiño de Santiago

0

Melide, 16 de outubro do 2019 – O concello de Melide ven de remitir un informe técnico á Dirección Xeral de Turismo sobre as deficiencias do Camiño de Santiago ao seu paso pola vila.

Melide insta a Xunta de Galicia a actuar para resolver os problemas pero non é o único concello. As reclamacións fanse conxuntamente coa Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés.

Abundantes carencias

No informe achegado especifícanse as necesidades do treito do Camiño que atravesa a vila. Entre elas, atópanse as zonas de empedrado con adoquíns soltos, a deficiencia de papeleiras e bancos en posibles zonas de descanso. Fan especial fincapé neste sentido, no tramo do Camiño Alternativo, que comprende entre o lugar de Penas e ata Parabispo, en bo estado de conservación pero con falta de roza e mobiliario público que facilite o tránsito de peregrinos e visitantes nesa zona.

Melide Camiño FrancésA maiores, e tal e como se explica no informe, a empresa contratada que elaborou os traballos de roza mecanizada nos meses do verán, deixou zonas sen realizar as tarefas pertinentes, labores inacabadas que tiveron que ser subsanadas polas brigadas municipais para adecentar integramente a zona. Especial preocupación amosa o Concello de Melide ao apreciar numerosos tramos que contan con profundas fochancas. 

Agardando o inverno

Xosé Igrexas, concelleiro de Promoción Económica de Melide insta á Xunta de Galicia a solucionar as deficiencias do Camiño xa que é coñecedor das necesidades existentes. Engade que “a situación. si non se arranxa de inmediato, pode ir a máis coa chegada do inverno e aumentar as precipitacións o que deixaría tramos totalmente intransitables”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies