Melide pon en marcha unha nova campaña de recollida de plásticos agrícolas

0

Melide, 8 de novembro do 2017 –  Melide, a través da súa Concellaría de Medio Ambiente, desenvolverá unha campaña de reciclaxe de plásticos agrícolas establecendo un calendario de recollida por todas as parroquias.

A campaña ten por finalidade evitar que os plásticos agrícolas acaben en vertedoiros ilegais e da contorna das casas e desenvolverase os días 13 e 14 de novembro.
O amoreamento de plásticos procedentes de silos agrícolas e doutras tarefas do campo resultan un problema de difícil solución para os labregos.

Un vehículo encargarase da recollida destes materiais, que os veciños, informados por un bando municipal, irán depositando nos lugares de costume das distintas parroquias.

Dende o Concello de Melide, faise especial fincapé en que só se depositen nestes lugares plásticos de silo e non envases de plástico, xa que estes dous residuos teñen procesos de reciclaxe diferentes e polo tanto non se poden mesturar.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, amosa o seu agradecemento á veciñanza que como é habitual colabora sempre con este tipo de campañas que se promoven dende a concellería de Medio Ambiente a prol da reciclaxe e o coidado do entorno.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies