Melide pon en marcha a campaña de recollida de xoguetes de Nadal

0

Melide, 3 de decembro do 2017 –  Melide, a través da súa concellería de Igualdade e Benestar pon en marcha ata o 2 de xaneiro de 2018 unha campaña de recollida de xoguetes de Nadal.

recollida de xoguetes polo nadalO lugar de recollida será no social de Melide e os xoguetes terán que estar en bo estado para poder ser entregados.

Dende o Concello de Melide explican que “os xoguetes teñen que estar en boas condicións e ten que poder xogarse con eles. A campaña, que durará ata o 2 de xaneiro, pretende recoller un gran número de xoguetes para entregar entre a poboación máis necesitada do concello.

Trátase dunha campaña que se pon en marcha anualmente por estas datas baixo o lema “Para que todas as nenas e nenos teñan agasallos no Nadal”.

Finalizado o prazo de entrega, os servizos sociais do Concello de Melide repartirán os xoguetes recollidos nesta campaña entre as familias con menos recursos da vila. Deste xeito, todos os rapaces e rapazas poderán gozar dun agasallo nun día tan especial e esperado para eles como é o día dos Reis, no que a ilusión e a diversión debe ser o que predomine en todos os nenos e nenas.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies