Melide reformará as rúas de San Pedro e do Convento

0

Melide, 31 de Decembro do 2019 – O concello de Melide porá en valor o casco vello reformando as rúas de San Pedro e do Convento.

A rúa de San Pedro será reformada grazas a un proxecto que ven de ser aprobado pola Deputación da Coruña. A rehabilitación suporá un investimento de 249.782,49 euros.

No caso da rúa do Convento a reforma chegará grazas a un proxecto aprobado no último pleno municipal e que conleva un orzamento de 578.000 euros.

melloras rúas San Pedro e do Convento

Comezo da rúa do Convento no casco vello de Melide

Ámbalas dúas actuacións, teñen como obxetivo principal poñer en valor o casco antigo da vila. As dúas rúas forman parte da rede viaria do casco histórico de Melide e presentan un trazado claramente medieval, pola súa configuración morfolóxica. Tanto a rúa do Convento como a rúa de San Pedro son soporte para o Camiño de Santiago ao seu paso por Melide, de vital importancia para a vila.

Entre as actuacións que se levarán a cabo están accións como a sustitución completa do pavimento, optimizando non só técnicamente a solución actual, senón adecuando esta a un maior grao de calidade ambiental, acorde co valor histórico da rúa. Tamén se levará a cabo a instalación dunha rede separativa de saneamento e pluviais.

As actuacións teñen como obxetivo facilitar que a vila teña un casco antigo máis humanizado e ofreza cada vez máis posibilidades de goce e benestar aos veciños e veciñas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial