Melide rehabilita espazos comúns nas parroquias

0

Melide, 12 novembro 2017 –  O Concello de Melide realiza labores de rehabilitación e mellora de diferentes espazos comúns nas parroquias do rural do municipio.

Lugares como os lavadoiros ou as fontes están sendo adecentados, xa que se trata de espazos comúns que é necesario que periódicamente reciban pequenos coidados. Trátase de ditos lugares poidan ser utilizados polos veciños e veciñas en boas condicións.

A brigada de Obras e a brigada Medioambiental do concello sons as encargadas de realizar estes traballos nos espazos comúns. Estes días están sendo realizados no lavadoiro veciñal de A Garea ou en Cazallas, así como tamén a limpeza de fontes en San Cibrao, Moldes de Abaixo e Furelos. Os traballos de mellora tamén teñen lugar nos lugares comúns de encontro dos veciños das parroquias.

Dalia García, rexedora melidense apunta  a que “son melloras moi necesarias para garantir as boas condicións dos espazos comúns nas parroquias da nosa vila,  traballos de acondicionamento de lugares de encontro nas parroquias, fontes e lavadoiros”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies