Melide pecha o 2019 con 4,5 millóns de remanente que non pode usar

0

Melide, 4 de maio do 2020 – O concello de Melide presentou as contas do 2019 que pecha cun remanente de tesourería de 4,5 millóns de euros.

Este remanente non poderá ser usado xa que o goberno anterior incumpriu a regra de estabilidade orzamentaria e a regra de gasto xa que gastou máis dun millón de euros fora do orzamento según informa o actual goberno municipal.

O actual goberno local atopouse con 637 mil euros en facturas cun reparo suspensivo de intervención que fai que non se poidan pagar. O notificou ás empresas afectadas que debían acudir ao xulgado para reclamar ditas cantidades xa que o anterior goberno non cumpriu coa lei de contratos do sector público.

Plan Económico Financeiro

Ante esta situación o goberno local vese na obriga legal de realizar un Plan Económico Financeiro que requirirá axustes. Ademais solicitarán ao Goberno Central a anulación da imposibilidade de empregar o remanente de tesourería e poder dutilizar os 4,5 millóns de euros.

O Concelleiro de Facenda, Xosé Igrexas sinalou, que trala elaboración do Plan de axuste, poñerase coa conta Xeral de 2019 para poder realizar o orzamento de 2021 co obxectivo de elaborar os proxectos a levar a cabo no vindeiro ano e subsanar a mala xestión destes anos pasados.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial