займ срочно

Melide renova  as axudas a natalidade

0

Melide, 10 de setembro do 2018 –  A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a renovación das axudas a natalidade que puxera en marcha no 2017 e a que optaran 31 familias do concello.

Esta nova convocatoria esta destinada aos fillos nados no 2018. As axudas a natalidade, que supoñen 300 euros por neno, pretenden tamén busca afincar poboación no concello. 

Requisitos para obter a axuda

A partida orzamentaria para facer fronte a esta liña de axudas será de 15.000 euros terá capacidade para xestionar todos os expedientes ata que se esgote o orzamento ao efecto. Será Servizos Sociais xunto cos propios interesados os encargados de xestionar esta axuda que terá que cumprir estritamente co regulamentado: cada nado no 2018 deberá ser empadroado en Melide xunto cun dos seus proxenitores que a súa vez deben estar empadroados na vila cunha anterioridade mínima de 6 meses.
Ao recibir á axuda, o particular estará obrigado a permanecer empadroado xunto co menor nun período de 4 anos. Con esta medida de impulso á natalidade, Melide achega o seu grao de área para loitar contra o reto demográfico da Comunidade Autonóma Galega. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies