Melide presenta á Deputación un proxecto para reformar e ampliar a piscina

0

Melide, 25 de setembro do 2019 – O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu ao alcalde de Melide, José Manuel Pérez Penas, e ao tenente alcalde e concelleiro de Deportes, José Antonio Prado, nunha primeira reunión co novo goberno municipal e na que o estado da piscina municipal foi un dos temas tratados.

Melide pídelle a Deputación colaboración para poder ampliar as dependencias da piscina municipal. Tal como explicaron os representantes municipais  “é unha instalación construída no seu día con fondos provinciais, pero que co paso dos anos foi quedando pequena para atender a gran demanda de veciños de Melide e dos municipios da contorna que asisten tanto a natación coma ao ximnasio”.

Piscina MelideO apoio económico do ente provincial é necesario para un proxecto que busca reformar o inmoble e ampliar dependencias coma o ximnasio e os vestiarios, actualizando as súas instalacións, actualmente pechadas debido á fin do contrato coa empresa que as xestiona.

O presidente da Deputación subliñou a vontade de cooperación da Deputación neste asunto e  se comprometeu a buscar fórmulas de colaboración económica que permitan apoiar ao Concello de Melide neste proxecto de cara ao vindeiro ano.

Plan Único

José Manuel Pérez e José Antonio Prado destacaron tamén a súa intención de activar as licitacións de numerosas obras do Plan Único da Deputación que o anterior goberno municipal de Melide deixou pendentes dende 2017 e 2018,  “obras por importe varios centos de miles de euros que acumulan importantes retrasos”, explicou o alcalde.

Neste sentido, González Formoso ofreceulles a colaboración da Deputación a través do proxecto PEL-Concello Dixital, destinado a facilitar a transformación dixital na provincia, e do servizo de Asistencia aos Concellos para dar un impulso a esas obras pendentes.

González Formoso, Pérez e Prado abordaron tamén na reunión a posibilidade de acometer melloras nalgunhas estradas provinciais do municipio, un asunto que o presidente se comprometeu a supervisar persoalmente nunha próxima visita institucional a Melide.

Tanto o alcalde como o tenente de alcalde melidenses fixeron unha valoración moi positiva da primeira xuntanza que o novo equipo de goberno vén de manter co presidente do ente provincial. Ambos agradeceron a disposición do goberno da Deputación para colaborar con Melide nos vindeiros proxectos. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial